|   
        
        
        Escollemos a madeira  
        Necesitamos dúas táboas pequenas de madeira 
        duns 15 cm de longo por 3 cm de ancho e sobre 0,5 cm de groso. Serve 
        calquera, pero se queremos un bo son, mellor unha madeira dura como 
        buxo, granadillo...   
        
        
        Patrón e Serrado 
        
        Facemos un patrón de cartón e logo debuxámolo sobre unha das caras da 
        madeira. 
        Unha vez serradas, cunha lima grosa  ou coa 
        serra, redondeamos as esquinas e logo pasamos unha lima máis fina para 
        rematar. 
        
        Cunha serra de curvas ou de marquetería recurtaremos con moito coidado o 
        rebaixe para os dedos, procurando seguir a parte externa do trazo. 
        
        Ca lima fina, redondeamos todas as arestas.     
        
        
        Remate 
        
        Para rematar, con lixas de varios grosores, empezando da máis grosa á 
        máis fina, repasamos os bordos prestando moita atención ao rebaixe onde 
        imos colocar os dedos.   
        
         Coidado 
        da madeira 
        Podemos untalas 
        en eceite de améndoas para protexer a madeira, e cando estean ben secas, 
        fretalas cun pano para que queden relucentes.   |