| 
  
PrincipalPrólogo
 Introducción
 Clasificación
 Aerófonos
 Cordófonos
 Membranófonos
 Idiófonos
 Obradoiro
 Artesáns
 Bibliografía
 Discografía
 Ligazóns
 Músicos
 Agradecementos
 Contacto
 
 |  | 
   
  Instrumentos 
Galegos Moisés Quintas 
Suárez     
  
       
Obradoiro 
[ Tarrañolas ] [ Frauta de Pan ] [ Pito ] [ Ocarina ] [ Frauta traveseira ] 
  
  
  
  
    
      |   
        Materiais: 
        
        Canas, dúas taboíñas, la ou fío. 
      Ferramenta: 
      lima, 
      lixa fina, navalla, afinador (opcional).   |  
      |   
        Escollemos a cana
         
        Cortamos varias canas de diferentes tamaños e grosor similar. 
        Deixamos na parte inferior o nó e procuramos que o seu interior quede 
        ben limpo. 
        Debemos tratar de pulir o lado aberto, primeiro cunha lima e logo 
        cunha lixa, xa que vai estar en constante rozamento cos beizos e pode 
        mancarnos. 
        A cana máis longa debe medir sobre 16 cm de longo por 1,5 cm de 
        diámetro, aproximadamente. 
        Se comprobamos a súa afinación cun afinador debería dar a nota La. 
        Imos así preparando as seguintes canas, cada vez máis pequenas, e 
        comparando o seu son sempre coa primeira, ata chegar ao Do agudo da 
        segunda oitava. 
        Se queremos que a frauta teña unha afinación perfecta, necesitamos 
        un afinador e ir afinando cada cana.   | 
 |  
      |   
        Pegado 
         
        Cando teñamos todas as canas preparadas, temos que colocalas de 
        maior a menor, empezando pola esquerda. Deste xeito, quédannos os 
        sons graves á esquerda e os agudos á dereita, sendo tamén este o 
        modo de collela para tocar.  
        Cando estean ben aliñadas, co lado aberto cara arriba, collemos 
        unha taboíña que temos preparada con anterioridade (duns 16 cm de longo 
        por 2,5 cm de ancho), botamos pegamento polo lado interior que vai 
        entrar en contacto coas canas e, con moito coidado, apoiámola enriba 
        delas. 
        Unha vez seca facemos o mesmo con outra taboíña do outro lado.   | 
 |  
      | 
        Atado 
         
        Outra alternativa ao 
        pegado é suxeitar os tubos con la ou fío a outros catro anacos da cana 
        (dous por cada lado) como mostra a imaxe. | 
 |    
Afinación   
VOLVER |