| 
  
PrincipalPrólogo
 Introducción
 Clasificación
 Aerófonos
 Cordófonos
 Membranófonos
 Idiófonos
 Obradoiro
 Artesáns
 Bibliografía
 Discografía
 Ligazóns
 Músicos
 Agradecementos
 Contacto
 
 |  | 
   
  Instrumentos 
Galegos Moisés Quintas 
Suárez     
    
Obradoiro 
[ Tarrañolas ] [ Frauta de Pan ] [ Pito ] [ Ocarina ] [ Frauta traveseira ] 
  
      
      
      http://www.pitogalego.gal: Método Práctico 
  
  
    
      |   
      Materiais: 
      Cana ou bambú 27 cm x  
      2,5 cm aproximadamente, tapón de cortiza de 2,5 cm de longo. 
      Ferramenta: 
      lima, lixa fina, 
      lapis, regra, punzón, navalla, fonte de calor, trade e brocas (opcional), 
      afinador (opcional).   |  
      | 
        A Cana 
        Buscamos unha cana 
        duns 27 cm de longo e 2,5 cm de diámetro. | 
 |  
      | 
        O corte 
        Facemos un recorte 
        inclinado como indica a figura. 
       | 
 |  
      | 
          
        O bisel
         
        Trazamos unha recta 
        ao longo para que nos sexa máis doado logo aliñar os buratos co bisel.
         
        Cunha navalla 
        facemos un bisel de 0,5 cm de abertura a 2,5 cm do extremo.   
        
         | 
 |  
      | 
      O tapón
         
      Cortamos un tapón de 
      madeira do mesmo diámetro que o interior da cana e duns 2,5 cm de 
      lonxitude. 
      Lixamos o tapón por un 
      lateral de xeito que quede plano.  
      Encaixamos o tapón coa 
      parte plana cara ao bisel.  
      Segundo o encaixamos, 
      imos soprando pola abertura para tentear o son. 
      Lixamos o tapón para 
      que colla a forma inclinada da cana. | 
 |  
      |   
      Os buratos
       
         
      En xeral, canto máis 
      grande é o burato máis alta é a nota. Sen ningún burato máis que o do 
      bisel, soa a nota fundamental que indica a tonalidade. A partir de aquí 
      temos que ir formando a escala de grave a agudo.  
      Se partimos por 
      exemplo da nota Do#, con todo tapado ou sen buratos, debemos abrir logo o 
      primeiro  burato que será o de Re, variando o tamaño do burato ata que 
      afine.  
      Empezamos cun burato 
      de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco. Este primeiro, 
      facémolo un pouco á esquerda da recta antes trazada para que sexa máis 
      doado de tapar co maimiño. Os seguintes van na liña. 
      Así, imos facendo os 
      buratos seguindo as notas da escala (ver dixitación e seguir ese proceso 
      de abertura dos buratos marcados en branco), mellor se nos axudamos dun 
      afinador.    
      Os buratos  
      quedan así:  
      - Do#: soa sen burato 
      ou todo tapado.  
      - Re: 4,5 cm do 
      extremo.  
      - Mi: 2,5 cm da nota 
      Re.  
      - Fa#:  2,5 cm da nota 
      Mi.  
      - Sol: 2 cm da nota 
      Fa#.  
      - La: 2 cm da nota 
      Sol.  
      - Si: 2 cm. da nota 
      La.  
      - Do#: 1,5 cm da nota 
      Si.  
      - Re´: 9 cm contando 
      polo extremo do bisel e por detrás.      | 
 |    Dixitación
 
   
  
    
      | 
 | 
 | 
 | 
 | 
 |  
      | 
      Do# | 
      Re | 
      Mi | 
      Fa# | 
       Sol |  
      | 
 | 
 | 
 | 
 | 
 |  
      | 
      La | 
      Si | 
      Do# | 
      Re´ | 
      Mi´ |  
VOLVER |