|   
      Os Buratos
       
      Unha vez que o corpo está feito, colocamos os buratos. En xeral, canto 
      máis grande é o burato, máis alta é a nota.
 
      Debemos facer todos os 
      buratos antes de que se endureza o barro. Podemos axudarnos dun 
      obxecto con punta: punzón, agulla de la...  
      Sen ningún burato máis 
      que o do bisel, soa a nota fundamental que indica a tonalidade. A partir 
      de aquí temos que ir formando a escala de grave a agudo.  
      Se partimos por 
      exemplo da nota Do como tónica (con todo tapado ou sen buratos), debemos 
      abrir logo o primeiro burato que será o de Re, variando o seu tamaño ata 
      que afine.  
      Empezamos cun burato 
      de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco.  
      Así, imos facendo os 
      buratos seguindo as notas da escala (ver dixitación e seguir ese proceso 
      de abertura dos buratos marcados en branco). Mellor se nos axudamos dun 
      afinador.  
      Non é doado que todo 
      saia á primeira, cómpre ter paciencia e ganas de experimentar.    |